Detalle de producto

Vantaxes e inconvenientes de case todo

16,45 €
Autor : cermeño, xosé
Marca : galaxia
Año : 2025
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de VANTAXES E INCONVENIENTES DE CASE TODO

Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e de barcos. Fala tamén do papel da escritura para apresar fragmentos da vida e observalos ao trasluz. Xosé Cermeño faino con humor e cun xeito moi persoal de sospeitar que case nada pasou como nolo contaron. O xénero das prosas breves tivo grandes cultivadores ao longo da historia, e está sempre disposto a renovarse, alimentado pola curiosidade e a intuición dos escritores máis inquietos. O máis pequeno pode ser literariamente moi grande e profundo. Ademais, como demostra este libro, tamén pode ser divertido.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-01-08
  • Titulo interno: (G).VANTAXES E INCONVENIENTES DE CASE TODO.(LITERARIA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: LITERARIA
  • Altura: 228
  • Ancho: 150
  • Espesor: 10
  • Paginas: 144
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2025-04-07