Descripción de UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
Regresa ao catálogo de Kalandraka a obra máis emblemática de Eric Carle, un clásico internacional imprescindible traducido a máis de sesenta idiomas e do que se venderon máis de cincuenta millóns de copias. Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ao seu paso: froitas, verduras e algunha que outra larpeirada. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta. O día e a noite, o grande e o pequeno, os días da semana, os números, os nomes dos alimentos ou proceso natural da metamorfose son elementos presentes neste álbum maxistralmente construído e ilustrado coa técnica da colaxe que ten acompañado os lectores e lectoras máis pequenos arredor de todo o mundo.