Detalle de producto

UN MANIFESTO REBELDE

20,50 €
Autor : rivas, manuel
Marca : xerais
Año : 2018
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de UN MANIFESTO REBELDE

Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades;un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña. Este libro está escrito contra Todo Isto. Todo Isto é descivilización. Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente. Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos. Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades. Todo Isto é o machismo como sistema. Todo Isto é a guerra contra a natureza. Todo Isto é domesticación intelectual. Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo. Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).MANIFESTO REBELDE:CONTRA TODO ISTO.(XORNALISMO)
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: XORNALISMO
  • Altura: 220
  • Ancho: 145
  • Espesor: 13
  • Paginas: 264
  • Materias ibic: 1DSEL;DNJ;HBJ;JFF;JPH;
  • Fecha de edición: 2018-05-10