Detalle de producto

Un gorro ruso

16,95 €
Autor : pérez díaz, claudio
Marca : xerais
Año : 2023
Categoría : Libros
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de UN GORRO RUSO

O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata As Figueiras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo;conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa. Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-13
  • Titulo interno: (G).GORRO RUSO, UN.(MEMORIA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: MEMORIA
  • Altura: 220
  • Ancho: 145
  • Espesor: 1
  • Paginas: 120
  • Materias ibic: 1DSEL;2ADQ;BM;
  • Fecha de edición: 2023-03-01