Detalle de producto

Sherlock Holmes anotado. Volume I

50,00 €
Autor : conan doyle, arthur
Marca : rinoceronte editora s.l.
Año : 2013
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de SHERLOCK HOLMES ANOTADO. VOLUME I

Este volume inclúe "Un estudo en escarlata", "O signo dos catro", "As aventuras de Sherlock Holmes" e "As memorias de Sherlock Holmes". A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en 1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson."Sherlock Holmes anotado" recolle en dous volumes as catro novelas e os 56 contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle. A edición inclúe máis de 2000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos. Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coas ilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste "Sherlock Holmes anotado" unha rica e gozosa experiencia.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2022-12-15
  • Titulo interno: (G).I.SHERLOCK HOLMES ANOTADO.(MORGANTE)
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: MORGANTE
  • Altura: 280
  • Ancho: 210
  • Espesor: 26
  • Paginas: 536
  • Materias ibic: 2AB;FC;FFC;
  • Fecha de edición: 2013-04-19