Detalle de producto

Sarou Louzós

20,50 €
Autor : Caride, ramón
Marca : Xerais
Año : 2012
Idioma : Gallego
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de SAROU LOUZÓS

Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos -Sarou, nas Rías Baixas;e Louzós, no corazón da Galiza central-, con historias do máis escuro e violento realismo, rescatadas dos xornais e da nosa memoria común;e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo. Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro;en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día;e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soidade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio».

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).325.SAROU/LOUZOS.(NARRATIVA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 220
  • Ancho: 150
  • Espesor: 9
  • Paginas: 184
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2012-07-24