Detalle de producto

Rosalía de Castro

25,95 €
Autor : pereira bueno, fernando
Marca : xerais
Año : 2014
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de ROSALÍA DE CASTRO

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo;Rosalía en cor ou en branco e negro;Rosalía como retrato realista ou caricatura;Rosalía como musa ou como símbolo...), procurando conxugar a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos. Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos. Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).ROSALIA DE CASTRO:IMAXE E REALIDADE
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: SIN COLECCION
  • Altura: 240
  • Ancho: 170
  • Espesor: 10
  • Paginas: 208
  • Materias ibic: AFC;AFF;
  • Fecha de edición: 2014-01-22