Detalle de producto

Río Miño. Unha viaxe entre solsticios

18,00 €
Autor : fraga, xesús
Marca : faktoria k de libros
Año : 2023
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de RÍO MIÑO. UNHA VIAXE ENTRE SOLSTICIOS

Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, Xesús Fraga percorreu o curso do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura no océano Atlántico, cruzando tres das catro provincias do país e a beira norte de Portugal. Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada con concisión e enxeño, o narrador convídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial de Galicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá, Lugo, Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño. Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración de Fraga non se limita á dimensión natural do Miño, senón que inclúe o histórico, cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces e testemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futuro tanto do río como do noso país. Río Miño. Unha viaxe entre solsticios é tanto un redescubrimento da «columna vertebral, física e simbólica de Galicia» como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión. Esta obra foi recoñecida co XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-03-14
  • Titulo interno: (G).RIO MIÑO:UNHA VIAXE ENTRE SOLSTICIOS.(AGORA K)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: AGORA K
  • Altura: 205
  • Ancho: 135
  • Espesor: 1
  • Paginas: 216
  • Materias ibic: WTL;
  • Fecha de edición: 2023-11-14