Detalle de producto

Que pasa co galego?

17,50 €
Autor : ramallo, fernando
Marca : xerais
Año : 2023
Categoría : Libros
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de QUE PASA CO GALEGO?

O Iibro "Que pasa co galego " responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante , canta xente fala galego en Galicia , falamos todas e todos o mesmo galego , que significa ser bilingüe , fala galego a mocidade , pode facer máis o sistema educativo a prol do galego , úsase o galego nas redes sociais , como superar os prexuízos lingüísticos , como podo eu contribuír ao futuro do idioma , que sería Galicia sen o galego , como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos ... O sociolingüista Fernando Ramallo aborda con sinxeleza e claridade todos os temas fundamentais para comprender o papel e a situación da lingua galega neste século XXI, sen esquecer cuestións tan fundamentais como a relación entre a lingua e a familia, a intelixencia artificial, a economía, a política, a lusofonía e os desafíos do futuro. "Que pasa co galego " propón unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-10-11
  • Titulo interno: (G).QUE PASA CO GALEGO?.(LINGUA E LITERATURA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: LINGUA E LITERATURA
  • Altura: 230
  • Ancho: 155
  • Espesor: 1
  • Paginas: 200
  • Materias ibic: 1DSEL;2ADQ;CFB;CFDM;
  • Fecha de edición: 2023-09-01