Detalle de producto

Pazo de inverno

22,10 €
Autor : lema, alberto
Marca : galaxia
Año : 2021
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de PAZO DE INVERNO

PREMIO GARCÍA BARROS 2021 Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establecerían con eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia? Nesa cidade, chamada Faro, as cousas non son tan sinxelas como parece. A Helena, a nova alcaldesa, a quen lle abonda un aceno para transmitir a vontade toda da transformación social, non lle chega con obter a maioría nunhas eleccións. Cómpre introducirse nas engrenaxes da administración;tratar con xornalistas coma Miranda, tan escéptico como para ser cínico, e manter a raia empresarios que levan toda a vida mandando, como Cosme Durán. Tampouco é suficiente inverter o protocolo patriarcal nin manter os compañeiros afastados da doenza infantil do esquerdismo. Cómpre gorentar o fracaso para ter a certeza de que a grandeza das ilusións nunca se perde. Mapa dunha paisaxe social, das arelas, conflitos e intereses dunha cidade, a novela de Alberto Lema consegue personificar vicios e virtudes, dúbidas e certezas, crenzas e valores cun xeito de contar que sorprende e fascina ao tempo que desvela e ilumina a realidade.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2026-01-08
  • Titulo interno: (G).PAZO DE INVERNO.(PREMIO GARCIA BARROS 2021).(LITERARIA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: LITERARIA
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 13
  • Paginas: 272
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2021-11-01