Detalle de producto

OS TELEVISORES ESTRáBICOS

20,50 €
Autor : vilar landeira, ramón
Marca : xerais
Año : 2014
Categoría : Libros
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de OS TELEVISORES ESTRÁBICOS

Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda;comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico;sabemos que as mantas eléctricas espantan a friaxe dos pés, pero non a soidade;coñecemos a historia de F, un alcohólico que puido xogar no Deportivo e aprendeu que a vida é unha partida de futbolín;que as empresas saben ben máis ca nós dos seus negocios;que as noticias son as que son porque os xornalistas beben coca-cola light;ou que os caramelos de café con leite poden ser ben amargos... Os televisores estrábicos é a ollada bidireccional dun home que deixa todo atrás para escribir un libro de relatos cos cartos dunha indemnización por despedimento. E a loita radicalmente optimista por sobrevivir a un tempo de desesperanza, conscientes de que aquí é obrigado vivir de pé, basicamente porque a vida queima.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).354.TELEVISORES ESTRABICOS
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 225
  • Ancho: 150
  • Espesor: 7
  • Paginas: 144
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2014-05-30