Detalle de producto

Os inmigrantes imaxindos

28,00 €
Autor : Núñez seixas, xosé m.
Marca : Galaxia
Año : 2024
Idioma : Gallego
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de OS INMIGRANTES IMAXINDOS

Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina, a máis importante de América, entre finais do século XVIII e mediados do XX, e analiza a conformación da súa identidade colectiva en relación coas imaxes que sobre os inmigrantes circulaban naquela sociedade, na esfera pública e literaria, entre os séculos XIX e XX, o peso dos estereotipos negativos e a súa evolución, a competencia e complicidade con outras colectividades, nomeadamente a italiana, e o papel das elites galegas no fomento de imaxes alternativas do bo inmigrante. Tamén se revisan as actitudes dos inmigrantes cara á súa lingua e estúdanse as súas festas, miradoiros para esculcar as dinámicas de convivencia e conflito de diversos referentes identitarios, con especial atención ao teatro xerado na colectividade galega de Bos Aires. Un rico calidoscopio de imaxes, estereotipos e contraimaxes que neste libro se reconstrúe para contribuír ao coñecemento das mentalidades e imaxinarios da diáspora, parte indispensábel da historia da Galicia contemporánea.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-10-18
  • Titulo interno: (G).133.OS INMIGRANTES IMAXINARIOS.(ENSAIO)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: ENSAIO
  • Altura: 230
  • Ancho: 148
  • Espesor: 22
  • Paginas: 432
  • Materias ibic: JF;
  • Fecha de edición: 2024-09-01