Detalle de producto

O vixía no centeo

13,95 €
Autor : salinger, j. d.
Marca : xerais
Año : 2007
Categoría : Libros
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O VIXÍA NO CENTEO

Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa. Holden Caulfield é, dende 1951, ano da publicación de O vixía no centeo, o sinónimo de adolescente inconformista, o símbolo da autoafirmación do individuo fronte a un medio hostil. Neses tres días, nos que cronoloxicamente se desenvolve a novela, Holden enfróntase ás súas propias contradiccións e ó imperioso desexo de fuxida. Fuxir do mundo que lle agarda ó medrar, como se nese fuxir a única saída fose inmobilizar o tempo. O vixía no centeo (The catcher in the rye) está considerada como un dos clásicos da literatura norteamericana contemporánea. Centos de miles de estudiantes de todo o mundo descobren cada ano o pracer da literatura da man do escritor norteamericano J. D. Salinger.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-10-05
  • Titulo interno: 32.VIXIA NO CENTEO.(FORA DE XOGO)
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: FORA DE XOGO
  • Altura: 210
  • Ancho: 130
  • Espesor: 11
  • Paginas: 224
  • Materias ibic: 5AN;YFB;
  • Fecha de edición: 2007-01-05