Detalle de producto

O vigairo/ A monxa-frade/Agromar/Aucto de Santa María

17,30 €
Autor : filgueira valverde, xosé
Marca : galaxia
Año : 2015
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O VIGAIRO/ A MONXA-FRADE/AGROMAR/AUCTO DE SANTA MARÍA

En O vigairo, Filgueira Valverde fai unha loa literaria do mar de Pontevedra;o mar do comercio do sal e dos quimóns da sardiña. Os vigairos eran as vellas autoridades dos gremios do mar, evocados nun texto que vén dacabalo da ficción narrativa e a lírica ensoñadora. Saudades dunha Pontevedra soñada, documentada, mais tamén imaxinada, unha das constantes da preocupación intelectual, histórica, artística e mesmo literaria do autor. A monxa-frade, tamén de inspiración histórica, aínda que ficcionada, é un texto inédito que xurdiu dunha encomenda dos promotores da colección "Contos do Castromil" (1992). Filgueira Valverde preparou este relato, que non chegou a rematar estilisticamente, mais que formal e estruturalmente está xa logrado. Como tal, como non totalmente concluído, publícase neste libro. Agromar é moito máis ca teatro infantil, son reflexións sobre o proxecto galeguista nunha época na que se vivía a tensión ideolóxica e cultural entre o mundo da vila e o mundo da aldea. Pola súa banda, Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa da nosa señora en agosto (refeito con testos dos séculos XIII e XIV) foi publicado por primeira vez no número 25 da revista Grial. Unha vez máis, Filgueira bota man da erudición histórica para reelaborar un auto sacramental que relaciona coas orixes ou tradición do teatro galego: "Unha peza de teatro litúrxico medieval na nosa fala galega", segundo advirte o autor no limiar.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-01-08
  • Titulo interno: VIGAIRO, O/MONXA-FRADE, A/AGROMAR/AUCTO DE SANTA MARIA
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: BIBLIOTECA FILGUEIRA VALVERDE
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 10
  • Paginas: 164
  • Materias ibic: GTG;
  • Fecha de edición: 2015-04-24