Detalle de producto

O sol do verán

19,25 €
Autor : casares, carlos
Marca : galaxia
Año : 2004
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O SOL DO VERÁN

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte;tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida;a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir".

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2025-05-23
  • Titulo interno: 3.O SOL DO VERAN.(LITERARIA)
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: LITERARIA
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 12
  • Paginas: 248
  • Fecha de edición: 2004-03-26