Descripción de O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN
Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...