Descripción de O PALLASO VERDE
Orientada a rapaces de 8-10 anos. Sinopse: Velaquí a historia dun pallaso de nariz grande, ollos coma estrelas e un peito cun corazón de ouro. O pallaso era bo. Soñaba moito. Soñaba que no mundo todos debían ser bos, alegres e dispostos. Un día ollou para o espello do seu cuarto, era aínda rapaz, e dixo "Vou facer rir a tódolos meniños!, e deitouse a soñar. A través dos seus soños poderás imaxinar un mundo cheo de fantasía.