Detalle de producto

Natureza e vulnerabilidade

19,95 €
Autor : alexandro cendón
Marca : laiovento (ibd)
Año : 2026
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de NATUREZA E VULNERABILIDADE

Que é a natureza? Existe a natureza? A natureza é unha construción cultural ou social? Existe algo independentemente de nós ao que nos poidamos referir así, nesta época do Antropoceno? Por outra banda, podemos danar a natureza? Ese dano é algo consubstancial a ela ou é un feito histórico? A todas estas preguntas trata de responder este libro, dende a filosofía e apoiándose noutros campos do saber.A través das súas páxinas veremos que a natureza segue a ocupar un lugar preeminente nas preocupacións das nosas sociedades contemporáneas, ora como recurso que aproveitar, ora como espazo que habitar. Sexa de esguello ou directamente, como fai o ecoloxismo, as miradas cara á natureza continúan a estar presentes nos nosos discursos e elaboracións teóricas en diferentes eidos. O presente libro fai unha análise orixinal, pertinente e rigorosa sobre o concepto de natureza, a partir da constatación da súa vulnerabilidade, entendida esta como exposición ao dano e como apertura. Unha vulnerabilidade que non se refire á súa esencia, senón aos acontecementos históricos que desembocaron nela.Hoxe cobra importancia pensar na Terra, cando o despregue do gran capital e a súa globalización económica destrúen e actúan como contrapunto da mesma, solapándoa, ocultándoa e negándoa, tendo como resultado a conseguinte crise ecolóxica na que estamos inseridos. Unha crise que pon o foco na lameira sobre a que se sustentan as nosas sociedades, pasando por alto toda unha ontoloxía de relacións que explica a nosa comunidade de vida.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2026-03-11
  • Titulo interno: NATUREZA E VULNERABILIDADE
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: ENSAIO
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 238
  • Fecha de edición: 2026-02-01