Detalle de producto

Moza falangueira procura lingua materna - 2ªEd.

16,95 € 16,10 €
Autor : carys evans-corrales
Marca : laiovento (ibd)
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA - 2ªED.

"O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras". Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás...) e protagonista dunha singular peripecia vital. Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia... A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma "ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos".

Información adicional

  • Fecha modificación: 2023-02-14
  • Titulo interno: MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA - 2ªED.
  • Encuadernación: NULL
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 182