Descripción de MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA
En 1920, o inmigrante italiano, Andrea Salcedo, caeu desde o edificio do FBI en Nova York, e, en decembro de 1969, o mesmo lle ocorreu ao anarquista Giuseppe Pinelli, na xefatura de Policía de Milán. Estas mortes accidentais sérvenlle a Dario Fo para escribir Morte accidental dun anarquista, comedia non só entretida e enxeñosa, senón que se constitúe nunha denuncia da inxustiza, a represión e a falsidade e contra o terrorismo de Estado, porque a sátira é a arma máis eficaz contra o poder, que non atura o humor, nin sequera os gobernantes que se chaman democráticos, porque a risa libera o home dos seus medos (Dario Fo).