Detalle de producto

Milú e o edificio das persoas extraordinarias

13,50 €
Autor : tomé, abel
Marca : xerais
Año : 2024
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de MILÚ E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS

Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. O don de Milú é contruír soños. Coa escusa de que o edificio está estartelado, as autoridades mandan un aviso para que se desaloxen as vivendas canto antes. Pero Milú e os outros nenos e nenas teñen un plan para tentar evitar que os expulsen dos seus fogares. Unha luminosa fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. O optimismo e a fantasía propios da infancia convértense nesta historia nun antídoto contra a intolerancia e o odio, e fan posible o milagre de transformar en tenrura, audacia, amor, humor e esperanza a tráxica realidade que padecen a diario multitude de persoas, vítimas das grandes desigualdades do mundo.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-02-18
  • Titulo interno: (G).MILU E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS.(MERLIN)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: MERLIN 11 ANOS
  • Altura: 190
  • Ancho: 135
  • Espesor: 1
  • Paginas: 144
  • Materias ibic: 2ADQ;4GB;5AM;YFB;YXA;YXZW;
  • Fecha de edición: 2024-10-17