Detalle de producto

MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO

14,50 € 13,78 €
Autor : tojo, marga
Marca : xerais
Año : 2018
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO

" Maternidade fóra de catálogo " é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer. No medio desa experiencia " Maternidade fóra de catálogo " analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares. Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz. " Maternidade fóra de catálogo " pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).23.MATERNIDADE FORA DE CATALOGO.(LIBRO X)
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: LIBRO X
  • Altura: 200
  • Ancho: 130
  • Espesor: 16
  • Paginas: 192
  • Materias ibic: JHBF;
  • Fecha de edición: 2018-05-10