Detalle de producto

Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)

28,50 €
Autor : pereira gonzález, dionisio
Marca : xerais
Año : 2010
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de LOITA DE CLASES E REPRESIÓN FRANQUISTA NO MAR (1864-1939)

Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereira mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo. Esta rede humana que turraba por unha riqueza compartida e un horizonte vital máis libre e igualitario foi, por iso mesmo, masacrada e marxinada. Nesta obra, produto de moitos anos de traballos e investigacións potenciados coa singradura do chamado Barco da Memoria (2006), o autor tentou, como acto de xustiza e tamén como modesta semente de futuro, recuperar, relacionar e interpretar con rigor e veracidade anacos da «memoria dos vencidos» para retornalos aos seus herdeiros e a toda a cidadanía. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), cun estilo claro e conciso, ofrécelle ao lector todos os datos necesarios para entender a organización societaria dos mariñeiros galegos, dende o período anterior ao xurdimento do movemento obreiro ata a chegada da Guerra Civil e a posterior ditadura franquista.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: LOITA DE CLASES E REPRESION FRANQUISTA NO MAR.(1864-1939)
  • Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
  • Colección: MEMORIA
  • Altura: 145
  • Ancho: 220
  • Espesor: 31
  • Paginas: 512
  • Materias ibic: 1DSEL;HBWP;
  • Fecha de edición: 2010-02-22