Detalle de producto

Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916

30,50 €
Autor : Pena sánchez, xosé ramón
Marca : Xerais
Año : 2014
Idioma : Gallego
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de HISTORIA DA LITERARURA GALEGA VOL. 2 DE 1853 A 1916

Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes;considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social;participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicación d'A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).II.HISTORIA DA LITERATURA GALEGA.(1853-1916)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: SIN COLECCION
  • Altura: 240
  • Ancho: 170
  • Espesor: 22
  • Paginas: 440
  • Materias ibic: DSBF;
  • Fecha de edición: 2014-11-14