Detalle de producto

(g).ultima fronteira, a

17,50 €
Autor : heikkila, cecilia
Marca : patas de peixe
Año : 2024
Categoría : Libros
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de (G).ULTIMA FRONTEIRA, A

Esta é unha historia íntima e tenra, chea de calor e corazón, sobre unha viaxe planificada desde hai moito tempo a un lugar moi especial. É unha celebración da aventura, a natureza e un vínculo especial entre un avó e o seu neto. Este libro explora sen moralismos a necesidade de protexermos e preservarmos os espazos salvaxes e os hábitats naturais a través dunhas ilustracións impactantes cheas de cores e texturas rechamantes que evocan á perfección a emoción da viaxe e a marabilla das vastas paisaxes naturais. Descrición O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: un lugar especial e difícil de atopar cheo de criaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende a arume de piñeiro, un lugar que só viron nunha postal. Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada para preparárense para a súa aventura. Despois zarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animado cheo de tendas, onde parece que ninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dos seus soños ou nunca poderán atopalo? Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora a través dun carrusel de imaxes en movemento temas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxes salvaxes, ao tempo que, de forma paralela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súas dimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal. A impresionante obra de arte de Cecilia Heikkilä está chea

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-05-23
  • Titulo interno: (G).ULTIMA FRONTEIRA, A
  • Encuadernación: NULL
  • Colección: SIN COLECCION
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 1
  • Fecha de edición: 2024-01-11