Detalle de producto

Golpitas e represores

29,95 €
Autor : lamela garcía, luís
Marca : laiovento (ibd)
Año : 2025
Categoría : Historia
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de GOLPITAS E REPRESORES

En Galiza, os crimes dos falanxistas seguen sendo unha das grandes eivas na recuperación da memoria histórica. Non foron vítimas, senón verdugos que executaron a represión e construíron o Estado franquista. Aínda que se foi recuperando a dignidade das vítimas, a memoria dos represores segue no silencio. A historiografía centrouse nas vítimas, deixando fóra os autores dos asasinatos extraxudiciais, os \"paseos\" e outras formas de violencia paralegal. Escuadróns falanxistas e patrullas da Garda Civil desencadearon o terror na retagarda galega, con detencións, extorsións, violacións e abusos de poder.A posguerra estivo marcada pola miseria, o estraperlo e a corrupción, mentres os falanxistas e dereitistas se beneficiaron do réxime. Coa chegada da democracia, os represores non renderon contas, e a sociedade optou por esquecer antes que perdoar. Este libro procura e documenta a responsabilidade dos falanxistas na desapiadada represión, identificando e explorando o seu papel na construción do franquismo. A través de biografías e investigacións, saca á luz a historia incómoda dos vitimarios, cuxas accións deixaron unha pegada profunda na sociedade galega e española. Unha necesaria reflexión sobre un pasado que aínda agarda ser comprendido na súa totalidade.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2025-04-01
  • Titulo interno: GOLPISTAS E REPRESORES
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 406
  • Fecha de edición: 2025-03-01