Detalle de producto

Funambulistas

18,50 €
Autor : Leobalde garcía, mercedes
Marca : Xerais
Año : 2015
Idioma : Gallego
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de FUNAMBULISTAS

Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento. Procuramos con teimosía a estabilidade (profesional, económica, emocional etc.) e, aínda que a teñamos, non podemos mantela definitivamente: a estabilidade é un agasallo vulnerable, sen garantías. Vivimos expostos a ventos e tempestades e dese xeito avanzamos pola corda inestable, as máis das veces sen rede. Funambulistas é un libro de relatos -moitos deles ligados entre si- de ampla variedade de situacións, de circunstancias e de personaxes, nos que predomina a primeira persoa, a fin de que os protagonistas poidan expresarse con propia voz. Do dramatismo ao suspense, da denuncia ao humor, este libro de Mercedes Leobalde está protagonizado por mulleres e homes retratados en situacións moi diversas: algunhas cotiás, outras verdadeiramente excepcionais (o monxe en plena crise espiritual, o náufrago no medio do océano, a muller maltratada que reúne forzas para se rebelar, o xadrecista namorado, a ladroa do códice, a nai adolescente, o home con tendencias suicidas, a enferma terminal disposta a espremer os seus últimos meses de vida...). Con Funambulistas, Mercedes Leobalde móstrase como unha hábil narradora para descifrar os camiños da vida.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).371.FUNAMBULISTAS.(NARRATIVA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 220
  • Ancho: 140
  • Espesor: 5
  • Paginas: 112
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2015-03-03