Descripción de CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
Santiago de Compostela, primavera, 2026. A aparición, en novembro de 1976, de Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín, supuxo toda unha revolución cultural. Esta obra marcaría un novo tempo para a poesía galega. Pola calidade e novidade da súa poesía, mais tamén polo seu singular formato e deseño. Unha coidada edición facsimilar de Alvarellos Editora rescata agora esta obra emblemática, cando se cumpren 50 anos da súa aparición. Como engadido, incorpora un Epílogo a cargo do poeta e especialista no autor, Anxo Angueira, e manuscritos orixinais, moi descoñecidos, dalgúns dos poemas. RÉPLICA EXACTA DUN LIBRO INESQUECIBLE Impresa utilizando o mesmo tipo de papel kraft de cor marrón no interior e ôverxuradoö na cuberta, esta edición facsimilar é pois unha perfecta réplica da orixinal de 1976: no formato (18 x 20,2 cms), nas cores amarela escura da capa e na violeta para todos os textos, na tipografía, e mesmo foi reproducido o sistema de lapelas pegadas, mediante un entapado, feito un a un, de cada exemplar. «O libro padeceu un boicot, pero venceu polo deseño», afirma hoxe Méndez Ferrín. «Esta obra tíñao todo para se converter nun referente poético daqueles anos, pero tamén para erixirse, como se erixiu, nun artefacto literario cuxa vixencia permanece cincuenta anos despois», Anxo Angueira.
