Descripción de AS MÚLTIPLES CORES DA VIDA. CORPOS, IDENTIDADES E ORIENTACIÓNS SEXUAIS
Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York, 1969), os avances en relación á situación das persoas LGBTI son innegables en practicamente todas as sociedades que se consideran a si mesmas desenvolvidas, máis queda aínda moito por conseguir. Neste libro, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo, achéganse traballos onde se nos amosa a dura realidade que ten que enfrontar este colectivo: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre de discriminacións e violencia.