Descripción de ARTE DEXENERADA GALEGA
En Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable abórdase o labor dos máis importantes artistas da vangarda galega: Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico, axentes do cambio social e pontes entre artes plásticas e literatura. A “arte dexenerada” dos vangardistas galegos non foi admitida na España franquista, mais o seu traballo floreceu en América e Europa, pero descoñeceuse na súa terra. Coa chegada da democracia, a súa obra atopou o seu lugar nos museos;pero, para chegar a este punto, houbo que percorrer un longo camiño, marcado polo exilio persoal e o ostracismo artístico. Premio Manuel Murguía de ensaio 2023