Descripción de AGNI E A CHUVIA
...Agni non entende moi ben que é iso de ser pobre. Só ten unha cousa clara: os seus pais, Lalita e el son iso, e todos os veciños do barrio tamén. Sábeo porque cando os adultos falan entre eles adoitan rematar dicindo que son pobres. «Ser pobre non é bo», pensa Agni ao lembrar as caras tristes que poñen os adultos cando din esa palabra. Nunca sorrín... O sol ponse á mesma hora para todos os habitantes de Bombai. Ao regresar ás súas casas, algúns poderán abrir as billas para lavarse e preparar a cea pero a maioría, que carecen de auga corrente, terán que repartir entre toda a familia o contido dos caldeiros que foron encher ás fontes públicas.