Descripción de ACEIRO. FERROLTERRA EN 12 POSTAIS
Estamos ante un artefacto difícil de definir. É un libro, un compendio de fotografías, de textos e de postais. Podemos gozar del no seu conxunto, gardalo ou agasallalo, pero tamén podemos desmontalo e enviar as postais, conservando a un tempo a foto e o nome da persoa destinataria da nosa postal. Polo tanto, cumpre múltiples propósitos nun único obxecto de 56 páxinas e 12 postais. Aínda que, por riba de todo o anterior, é algo íntimo e emotivo, é a mirada das súas xentes á bisbarra que os viu nacer.