Detalle de producto

A visita de osiño

13,00 €
Autor : holmelund minarik, else
Marca : kalandraka
Año : 2015
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A VISITA DE OSIÑO

"A visita de Osiño" narra o día no que o pequeno protagonista desta serie vai ver a Avoa e Avó Oso, con quen goza moito escoitando as súas historias. O ton coloquial e a espontaneidade dos diálogos, a inocencia e os bos modais por parte de Osiño, xunto coa complicidade dos avós, son aspectos esenciais no texto, que transmite ternura e empatía. Os contos que Avoa e Avó Oso lle contan a Osiño preséntanse como relatos independentes, que se suman ao capítulo de introdución e ao simpático desenlace da visita. A habilidade narrativa de Else Holmelund Minarik permite facer unha lectura global do libro, no que se plantexan cuestións como a liberdade ou a superación dos medos, ademais de poñer en valor a relación entre avós e netos, o diálogo mutuo e a transmisión de coñecementos e de afectos.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2023-02-01
  • Titulo interno: (G).VISITA DE OSIÑO, A.(TRAS OS MONTES)
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: TRAS OS MONTES
  • Altura: 230
  • Ancho: 150
  • Espesor: 3
  • Paginas: 64
  • Materias ibic: YBC;
  • Fecha de edición: 2015-07-03