Detalle de producto

A neve interminable

13,95 €
Autor : fernández paz, agustín
Marca : xerais
Año : 2015
Categoría : Infantil y juvenil
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A NEVE INTERMINABLE

Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. E inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2026-01-16
  • Titulo interno: (G).159.NEVE INTERMINABLE, A.(FORA DE XOGO)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: FORA DE XOGO
  • Altura: 210
  • Ancho: 130
  • Espesor: 10
  • Paginas: 192
  • Materias ibic: YFC;YFD;
  • Fecha de edición: 2015-04-15