Detalle de producto

A miña vida nas estradas

22,90 €
Autor : steinem, gloria
Marca : hercules ediciones
Año : 2023
Categoría : Libros
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A MIÑA VIDA NAS ESTRADAS

Gloria Steinem tivo unha infancia itinerante. Cando era pequena, o seu pai adoitaba meter a toda a familia no coche e conducir, cada outono, ao longo de Estados Unidos en busca de aventuras para gañar a vida. E así se plantou a semente: Steinem deuse conta de que crecer non tiña por que significar estar sempre no mesmo lugar e comezou unha vida dedicada a viaxar, ao activismo e ao liderado, a escoitar as voces de quen inspira o cambio e a revolución. A miña vida nas estradas é a historia amena, conmovedora e profunda de como Gloria foi medrando, e con ela tamén creceu o movemento revolucionario pola igualdade, dende a súa primeira experiencia de activismo feminista na India ao seu traballo como xornalista nos anos sesenta;do bulebule das campañas electorais á fundación da revista Ms.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2023-08-10
  • Titulo interno: (G).A MIÑA VIDA NAS ESTRADAS.(PURPURA)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: PURPURA
  • Altura: 210
  • Ancho: 140
  • Espesor: 40
  • Paginas: 344
  • Materias ibic: JFFK;
  • Fecha de edición: 2023-03-01