Detalle de producto

A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.

19,95 €
Autor : xulio lópez valcárcel
Marca : laiovento (ibd)
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET. II.

Título: A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.II.Subtítulo: A configuración dun mito. De Mesías a Deus.Logo de analizar nun libro anterior as circunstancias sociais, familiares e persoais de Xesús de Nazaret, neste novo volume estudamos as razóns que levaron a unha pequena seita, xurdida do xudaísmo, a converterse en paradigma cultural e moral de Occidente e en relixión preponderante a nivel mundial. E, asemade, como eliminados os trazos primixenios, a progresiva sublimación de Xesús, de artesán a predicador, de predicador a mesías, de mesías a mito, de mito a Deus, foi unha elaboración artificiosa na que correron parellos o abandono da realidade histórica e a universalización da súa figura e da súa mensaxe.Cun estilo ameno e directo, o autor clarifica definitivamente unha figura tan fascinante e valorada como descoñecida.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2019-01-29
  • Titulo interno: A INVENCION DUN DEUS. XESUS DE NAZARET. II.
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: ENSAIO
  • Altura: 300
  • Ancho: 200
  • Espesor: 30
  • Paginas: 310