Detalle de producto

UN VENTO QUE PASA

20,45 €
Autor : conde, alfredo
Marca : galaxia
Año : 2019
Categoría : Literatura
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de UN VENTO QUE PASA

Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasar o tempo lle contan os compañeiros de doenza -unha manda de lobos en procura do seu propio desamparo-. Simultaneamente, lembra e debulla a súa peripecia. Con cinismo e sarcasmo, o protagonista relata a historia da súa postración e soidade, do enclaustramento na súa casa de campo asistido por monxas mentres é arrastrado por ese vento que leva inevitablemente a todo mortal e un final inxusto. Velaquí a historia dun home atado a si mesmo, dun ser atravesado que soamente posúa unha certeza, a constancia dos seus erros. Un narrador escéptico e sagaz para quen a sabedoría é ao tempo condena e salvación. Ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente, o ton confesional desta novela de Alfredo conde fai abrollar a farsa cruenta da vida. Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquel patético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro. Unha esaxeración propia dun vello consentido.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-01-08
  • Titulo interno: (G).393.VENTO QUE PASA, UN.(LITERARIA)
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: LITERARIA
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 11
  • Paginas: 228
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2019-07-11