Detalle de producto

Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes

19,95 €
Autor : alba rodríguez saavedra
Marca : laiovento (ibd)
Categoría : Biografias
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES

Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893-Nova York, 1983), conservadorada Hispanic Society of America, ficou na periferia dos rexistros literarios galegos durante case un século, mesmo malia ser a maior tradutora de Rosalía de Castro co par galego-inglés ata 1964. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que, consonte o investigado por Alba Rodríguez Saavedra,desde 1939, operaron e operan para manter afastada do noso sistema Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.Nela, ademais das devanditas traducións e de presentar unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica, literaria e etnográfica, reflíctese con claridade, a través da cesión da palabra ás protagonistas, a dureza da vida das mulleres rurais da altura, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.Ruth Matilda Anderson, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, reivindicou a Galicia do campesiñado, das mulleres e da infancia, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica. Esta subversión, baseada nun proceso de tradución de dobre vía (galego-inglés e inglés-galego), puido ser, consonte se argumenta neste libro, o motivo da súa expulsión ás marxes, desde onde agora é reclamada para recuperarmos os testemuños dun tempo e dunhas vidas quese nos ocultaran.

Información adicional

  • Fecha modificación: NULL
  • Titulo interno: RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES
  • Encuadernación: NULL
  • Colección: ENSAIO
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 198