Detalle de producto

OS PIONEIROS DA BANDA DESEÑADA GALEGA 1971-1979

26,95 €
Autor : Carballo, xulio
Marca : Xerais
Año : 2019
Idioma : Gallego
Categoría : Historia;libros
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de OS PIONEIROS DA BANDA DESEÑADA GALEGA 1971-1979

No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada. Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro. Deste grupo xorden as primeiras exposicións por toda Galiza, que acadan unha gran repercusión e mesmo chegan a ser atacadas por grupos franquistas. Porén, a banda deseñada galega non tardará en entrar nos quioscos con revistas históricas como «Vagalume», cunha nómina crecente de autores e personaxes consagrados na prensa como Gaspariño ou Sabeliña. Nesta obra, Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada. Galega e en galego, auténtica, experimental e vangardista, memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: PIONEIROS DA BANDA DESEÑADA GALEGA (1971-1979)
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: OBRAS DE REFERENCIA
  • Altura: 240
  • Ancho: 175
  • Espesor: 17
  • Paginas: 344
  • Materias ibic: 2ADQ;3JJPL;AC;AKLC;
  • Fecha de edición: 2019-01-17