Descripción de OS DÍAS LEBRE
Os quince poemas de "Os días lebre" remítennos ao pulso da vida cotiá, por veces tan intenso e fugaz, co degoiro dunha cadencia máis pausada e serena. As lembranzas, a fantasía e unha certa cercanía co xeito de razoar propio da infancia, conforman o universo simbólico deste diario que non segue tanto o paso do tempo como a acumulación de emocións e de experiencias.