Detalle de producto

O rosario e a buguina (Premio Torrente Ballester 2020)

17,60 €
Autor : losada, xosé ricardo
Marca : galaxia
Año : 2021
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O ROSARIO E A BUGUINA (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2020)

Premio Torrente Ballester 2020 Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir a extrema unción, que é o desexo da nai, pero o fillo négase. El tamén ten unha petición: que dona Pura consinta que lle lea o primeiro e o derradeiro poema de De catro a catro, estrofa a estrofa, para que el poida explicarlle, non ese libro, senón o sentido último da súa vida e a necesidade obsesiva de ser poeta. O rosario e a buguina novela a relación entre eles, baseada ata entón nos silencios e nas carencias afectivas, que deberán superar a pesar das súas antagónicas concepcións do mundo. A ideoloxía conservadora da nai fronte ás ideas revolucionarias do fillo, a moral cristiá en contraposición a unha vida disipada e inmatura e, por riba de todo, o amor que se profesan aínda que lles custe demostralo. Unha historia profunda, onde se mesturan os sentimentos a través das dúas voces protagonistas do relato que se enfrontan á morte de maneiras moi distintas.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2026-01-08
  • Titulo interno: (G).432.ROSARIO E A BUGUINA, O (XXIII PREMIO TORRENTE B.)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: LITERARIA
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 8
  • Paginas: 160
  • Materias ibic: FA;
  • Fecha de edición: 2021-10-01