Detalle de producto

O paseo

11,95 €
Autor : robert walser
Marca : laiovento (ibd)
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O PASEO

O paseo, que chegou ás librarías en 1917, é seguramente a obra máis emblemática do suízo Robert Walser. Estamos ante unha xoia literaria, ante unha exquisitez que revela unha inusitada vis cómica e lírica e máis un abraiante dominio da lingua. Atopamos aquí, marabillados, unha voz modesta, despreocupada, feliz e xovial, fresca, confiada, agradecida e ceiba. Unha voz, a maiores, discreta e elegante. Unha voz calma, transida de tenrura, de piedade e de amor;unha voz incapaz de asumir a carga prosaica e práctica da modernidade;a voz, en fin, dun ser humano perdido, fragmentado, que se esfarela entre o conxunto das cousas pequenas e fuxidías, e, desta guisa, se libera do peso dun mundo que non recoñece nin lle ten sentido.É precisamente a este mundo noso tan estraño que Walser lle entregou O paseo, a súa idea da camiñada como ritual humilde, como arte, como pura poesía, exuberante, exaltada, intensa e evocadora, e como fonte dunha filosofía que, construída desde a beira, a insignificancia, a inseguridade e a soidade, descansa na contemplación ingrávida e demorada e conduce á fusión final coa contorna, é dicir, á difuminación, á desaparición, ao esquecemento;á disolución da dor, da angustia, do medo sempre pudorosamente silenciados.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2022-10-06
  • Titulo interno: O PASEO
  • Encuadernación: NULL
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 82