Detalle de producto

O Futuro e posible

29,75 €
Autor : Perez touriño, emilio
Marca : Galaxia
Año : 2012
Idioma : Gallego
Categoría : Biografias
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O FUTURO E POSIBLE

Este libro de Emilio Pérez Touriño recolle a memoria dun período recente da historia da Galicia contemporánea contado en primeira persoa polo autor. O libro nace como resposta á gran débeda contraída coa maioría social do país, cos que apostaron polo cambio en 2005 e cando menos, cos 795.200 galegas e galegos que apoiaron a coalición de goberno nas eleccións autonómicas de 2009. Porque, en opinión do autor, todos e cada un deles merecen unha explicación que non se lles deu. Porque teñen dereito a coñecer as razóns, os feitos, o transcurso dun proxecto no que tiñan depositadas tantas expectativas que non se puideron prolongar. As páxinas de O futuro é posible non son nin unhas memorias nin un texto de socioloxía política. Pretenden ser a historia dun traxecto, o percorrido dunha experiencia compartida contada en primeira persoa, tal e como a viviu e a percibiu o autor e, polo tanto, con toda a súa carga de subxectividade, asumindo o risco de equivocarse. Foron escritas dende o compromiso de non edulcorar nada do acontecido e sen fuxir da autocrítica necesaria. E sobre todo, coa esperanza de que este libro poida ser útil a todos aqueles que seguen soñando coa mellor Galicia e dende a mesma convicción de que o futuro é posible.Retrato dun tempo de cambio. Galicia (1998-2009)

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2022-11-02
  • Titulo interno: (G).32.FUTURO E POSIBLE, O (MEMORIA)
  • Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
  • Colección: MEMORIA
  • Altura: 210
  • Ancho: 135
  • Espesor: 30
  • Paginas: 484
  • Materias ibic: DS;
  • Fecha de edición: 2012-11-15