Detalle de producto

O estrangulamento tecnolóxico de Galiza

19,95 €
Autor : diego sande veiga
Marca : laiovento (ibd)
Categoría : Economia y empresa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA

Título: O estrangulamento tecnolóxico de GalizaSubtítulo: Análise das políticas europeas para innovación rexional durante a Gran RecesiónA innovación é un fenómeno necesario para que as sociedades prosperen, mais non está exento de controversia. De feito, para o pensamento "crecentista", a innovación é necesaria fundamentalmente como motor para acadar o crecemento económico. Nun contexto institucional dominado pola ideoloxía neoliberal, que se vén manifestando -entre outras maneiras- a través das coñecidas como políticas de austeridade e dos recortes orzamentarios no sector público, os territorios menos desenvolvidos tecnoloxicamente e con tecidos industriais máis febles precisan da firme intervención pública para fomentar a innovación empresarial. Nesta obra abórdase o problema da planificación e execución orzamentaria das políticas para fomentar a innovación en Galicia, ofrecendo unha interpretación desde unha perspectiva sistémica e posibles alternativas cara o futuro. Ao longo da obra e da rigorosa análise dos datos, que esixiu unha apaixonante combinación entre esforzo descritivo e claridade comunicativa, agromarán problemas para o desenvolvemento tecnolóxico e innovador galego como a dependencia económica e o centralismo.

Información adicional

  • Fecha modificación: NULL
  • Titulo interno: O ESTRANGULAMENTO TECNOLOXICO DE GALIZA
  • Encuadernación: NULL
  • Altura: 1
  • Ancho: 1
  • Espesor: 1
  • Paginas: 208