Detalle de producto

NOVA NURSIA

20,95 €
Autor : cajaraville, hector
Marca : xerais
Año : 2018
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de NOVA NURSIA

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura. Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos. No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto. " Nova Nursia " é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2024-02-22
  • Titulo interno: (G).NOVA NURSIA.(NARRATIVA)
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: NARRATIVA
  • Altura: 225
  • Ancho: 145
  • Espesor: 17
  • Paginas: 344
  • Materias ibic: FJH;
  • Fecha de edición: 2018-05-02