Detalle de producto

Murguía

40,00 €
Autor : Barreiro fernández, xosé ramón
Marca : Galaxia
Año : 2012
Idioma : Gallego
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de MURGUÍA

GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false});GBS_setLanguage('es');GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-425-7');A biografía de Manuel Murguía Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o historiador Barreiro Fernández, que tamén presidiu esa institución, pon nas mans dos lectores unha obra magna, case mil páxinas para recoller e transmitir o tempo vital de quen foi unha das figuras esenciais do galeguismo. Manuel Murguía (1833-1923) foi o máis destacado representante do nacionalismo galego no século XIX. A súa obra como historiador e escritor está dedicada enteiramente á idea de Galicia como nación;é autor de títulos fundamentais coma Los precursores e Historia de Galicia, nos que se asentan as bases da cultura galega contemporánea. Coa súa obra, a historia de Galicia configúrase como historia nacional. Vencellado á publicación da obra de Rosalía de Castro, con quen estivo casado, foi o primeiro presidente da Real Academia Galega. O historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, un dos grandes especialistas na historia contemporánea de Galicia, traza nesta biografía un retrato fidedigno do personaxe e, con pulso narrativo e rigor documental, relata as circunstancias nas que a obra e as ideas políticas de Murguía viron a luz.

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2022-09-23
  • Titulo interno: (G).1.MURGUIA.(GRANDES BIOGRAFIAS)
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Colección: GRANDES BIOGRAFIAS
  • Altura: 150
  • Ancho: 220
  • Espesor: 49
  • Paginas: 1
  • Materias ibic: BG;
  • Fecha de edición: 2012-05-18