Detalle de producto

MEMORIAS DUNHA VACA MARELA

17,90 €
Autor : eiré, afonso
Marca : hercules ediciones
Año : 2018
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de MEMORIAS DUNHA VACA MARELA

"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...". Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial. Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica;desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas;desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas. "Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza". E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido. Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas. Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!. A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa. Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados. Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida".

Información adicional

  • Zona: GALICIA
  • Fecha modificación: 2022-12-21
  • Titulo interno: (G).MEMORIAS DUNHA VACA MARELA
  • Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
  • Colección: SIN COLECCION
  • Altura: 240
  • Ancho: 165
  • Espesor: 12
  • Paginas: 240
  • Materias ibic: 1DSEL;DN;
  • Fecha de edición: 2018-05-09