Detalle de producto

(g).castelao, desta terra e deste tempo.(republica letras)

17,00 €
Autor : rei romeu, manuel
Marca : tempo galiza
Año : 2025
Categoría : Narrativa
  • Detalle Producto
  • Información Adicional

Descripción de (G).CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO.(REPUBLICA LETRAS)

Esta obra ofrece unha imaxe integral e sen deturpacións dun referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe. Ao longo desta monografía o autor fai un percorrido lineal pola obra artística e polas chaves ideolóxicas do pensamento de Castelao, esclarecendo que non está o artista confrontado ou illado do político nin o político á marxe do artista, como ben el mesmo se encargou de advertir en innúmeras ocasións. Hai sintonía de intereses e obxectivos entre ambas as facetas. Nun momento en que o poder se esforza por estender a imaxe dun Castelao light, rebaixado nos seus presupostos ideolóxicos fundamentais, reducíndoo a ôartista xenialö ou a unha especie de santo galeguista, é preciso coñecer e divulgar o Castelao auténtico, artista, caricaturista, pintor, escritor, pensador e dirixente político nacionalista, o home que colocou a súa vida e a súa obra ao servizo do pobo galego. Porque a súa obra e o seu pensamento continúan tendo plena vixencia e utilidade para construír a Galiza que el soñou, libre e dona do seu destino.

Información adicional

  • Fecha modificación: 2026-01-21
  • Titulo interno: (G).CASTELAO, DESTA TERRA E DESTE TEMPO.(REPUBLICA LETRAS)
  • Encuadernación: RUSTICA
  • Colección: A REPUBLICA DAS LETRAS
  • Altura: 210
  • Ancho: 140
  • Espesor: 15
  • Paginas: 228
  • Materias ibic: 2ADQ;BG;
  • Fecha de edición: 2025-04-01