Descripción de COCIÑEIRAS CON TALENTO
Cociñeiras con talento é un ensaio histórico de grata lectura e escrito con rigor, que aborda unha temática novidosa e de gran relevancia para a gastronomía de Galicia e para a historia das mulleres ue alimentaron a nosa xente co seu esforzado labor. Mulleres xenerosas que se conformaban con racións escasas con tal de que os seus fillos e maridos estivesen ben mantidos. Cociñeiras que forxaron co seu talento a gastronomía galega enxere e a alta cociña. Segundo a chef con estrela Michelin Lucía Freitas: "O libro, aparte de desfrutalo a feixes, afianzou o obxectivo que teño de poñer en valor o talento e o esforzo das mulleres que representan todas as profesións que fan posible o ecosistema da nosa gastronomía. Pero elas son ademais cociñeiras de alma, cada unha cociña para os seus. Xavier Castro salienta nesta obra o papel ninguneado que a historia ouorgou ás cociñeiras, con moita investigación, coñecemento e sabedoria ó respecto, e eu teño que poñer o foco no importante: non tanto nas estrelas Michelin, como nas mulleres que traballan a terra e o mar, producen, elaboran e dan amor ó traveso da cociña;que so