Descripción de CANDO OS NENOS DIN BASTA!
Dirixido a docentes, nais e pais, políticos, urbanistas... e tamén ao público infantil, "Cando os nenos din BASTA!" é a continuación de "A cidade dos nenos": 26 frases recollen propostas e protestas dos rapaces, actúan como lema de cabeceira e argumento de cada capítulo do libro. Tonucci proponnos escoitar os nenos e ter en conta as súas opinións. Para que os nenos desexen expresarse e teñan esa posibilidade, cómpre que os adultos saiban escoitalos, se poñan ao seu carón, e teñan disposición para defender as súas posturas.